Galicia Vigo al minuto

@En_Marea logra a aprobación da axilización dos trámites de cara a aproveitar a vía en desuso entre Redondela eVigo coma ruta ciclista

A Comisión de Seguridade Vial aprobou este mércores, coa abstención do PSOE e do PP,  a proposición non de lei de En Marea que pide ao Goberno a axilización dos trámites para a cesión da vía ferroviaria entre Pontevedra, Arcade, Redondela e Vigo.

Nun segundo punto da proposición, En Marea demanda que se facilite a posta a disposición da infraestrutura precisa para estender as rutas ciclistas pola costa galega, desde Tui até Ribadeo, no marco do impulso da Rede Europea EuroVelo.

Na defensa da súa iniciativa, a deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, salientou as avantaxes de ampliar espazos adicados ao ciclismo como poñen de manifesto numerosos estudos. «A bicicleta como un medio de transporte alternativo que aporta beneficios tanto na redución da contaminación, como na aposta polo medio ecolóxico, como no ámbito da saúde, a diminución do ruido e da contaminación acústica, o aforro económico e enerxético que supón».

Fernández puxo de manifesto que téñense cuantificado económicamente os beneficios como o aforro nos custes de uso e mantemento de vehículos, o correspondente ao aforro de tempo nos desparazamentos, a realización de exercicio físico e a redución de emisións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.