Ciencia y Tecnología Destacados

Persoal de investigación da Universidade de Santiago empeza mobilizacións e accións de protesta

A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) acordouno por unanimidade na súa última asemblea. “Decisión que nos obrigou a adoptar o actual Equipo de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, que segue facendo oídos xordos ás reiteradas peticións realizadas para tratar de solucionar a situación de discriminación e inxustiza que sofre o colectivo”.

As investigadoras piden que remate a discriminación á que se ve sometendo a unha parte do persoal de investigación. Hai tres anos empezou a  cobrar por debaixo do salario mínimo que fixa a normativa, e a quen tamén se lle negan as subidas salariais -que si ten o resto de persoal da USC- e se lle deixou de aboar a indemnización por extinción de contrato. Só pedimos que tódalas persoas que teñen a mesma categoría profesional teñan garantidas as mesmas condicións laborais mínimas que xa recolle a normativa da Universidade”.

Así, por exemplo, para unha investigadora FPU/FPI a diferenza entre o que percibe (1.173,00 €/mes) e o que figura na táboa de salarios mínimos actualizada (1.244,91 €/mes) supera xa os 1.000€ anuais. Dándose ademais por primeira vez a circunstancia de que un axudante de apoio á investigación percibe xa un salario mínimo (1.193,97 €/mes) superior ao das propias investigadoras destas convocatorias. “Algo inaudito”.

Mentres, ante a inacción do Equipo de Goberno, as demandas contra a USC seguen aumentando. «Non entendemos como é posible que prefiran seguir malgastando diñeiro público en pagar honorarios de avogados, indemnizacións e custas xudiciais en vez de investilos en investigación. É algo realmente inexplicable”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.