Comarcas

@ConcelloNigran levará á Xunta ante os tribunais por revogar a subvención para a mellora do acceso a Porto do Molle

O Concello de Nigrán presentará un recurso contencioso-administrativo contra a recente revogación da subvención de 120.000 € concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para a ‘Mellora de accesos ao Parque Empresarial Porto do Molle’. As obras nas rúas Gándara e Ponte Muíña, “moi demandadas pola veciñanza” e cun importe total de 253.000 €, supuxeron a sustitución da capa de rodadura, nova iluminación, canalización de pluviais e mellora da sinalización horizontal e vertical creando, ademais, un cebreado peonil pintado e delimitado lonxitudinalmente.

O goberno de Nigrán, tendo xa precedentes neste sentido, considera que a Xunta de Galicia realiza un uso «partidista e instrumental’ das súas axudas ao non contemplar a petición de ampliación de prazo de xustificación respaldada por informes técnicos e xurídicos.

As rúas Gándara e Ponte Muíña, fundamentais no acceso a Porto do Molle e ao IES Val Miñor, “atopábanse en pésimo estado, cun firme completamente deteriorado e provocando as lóxicas queixas dos seus usuarios, polo que para o Concello era unha obra prioritaria con ou sen subvención”, subliña o o alcalde,Juan González, para quen  “o importante é que esta feita”, e polo tanto é inxusto que revoguen a subvención e “por iso acudiremos aos tribunais, pero se temos que seguir facendo investimentos imprescindibles sen axudas da Xunta o faremos igual porque somos un Concello nunha boa situación económica».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.