Ciencia y Tecnología Comarcas

@ConcelloNigran habilita a primeira Wi-Fi pública e gratuita en varios puntos da vila

O Concello de Nigrán ven de investir 14.582,34 € na instalación da primeira rede inalámbrica wi-fi  gratuíta en catro espazos públicos do municipio xa operativos e convintemente sinalizados.

Os lugares seleccionados neste proxecto piloto do goberno nigranés son a Praza do Concello, o parque de A Ramallosa (na contorna do centro da terceira idade), o Pavillón Municipal de Deportes en Panxón e as súas inmediacións  e a propia Biblioteca Municipal (o servizo será trasladado á nova cando se inaugure). Trátanse todos eles de lugares onde se concentran habitualmente moitas persoas que demandan datos para desenvolver a súa actividade de lecer ou de estudo e o obxectivo do goberno é ir ampliando localizacións.

«Concibimos o acceso a internet como un dereito máis das persoas. A finalidade é contribuír a reducir a fenda dixital que se produce en moitos fogares que non poden afrontar o custe do servizo. Queremos achegar o uso das novas tecnoloxías, forma parte do noso proxecto global  ‘Un Nigrán para todos’, pero non hai que esquecer que beneficiará tamén aos visitantes», subliña o alcalde, Juan González.

Para acceder a ela, os usuarios deberán rexistrarse previamente a través de correo electrónico, facebook, google+, twitter , sempre con contrasinal. O máximo de conexións simultáneas será de 150, unha vez superada esa cifra as novas solicitudes quedarán en espera ata que estean dispoñibles novamente. Por este motivo, o tempo de navegación estará limitado a unha hora  continuada, momento no que o sistema solicitará que o usuario volte a validar a sesión.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.