Galicia Vigo al minuto

@bngvigo elixe a Xabier Pérez Igrexas como o seu candidato á Alcaldía

Xabier Pérez Igrexas, de 34 anos de idade, foi electo pola militancia do BNG de Vigo para encabezar a candidatura nacionalista ás eleccións municipais de 2019. Igrexas resultou electo nun proceso interno de debate e posta en común dos retos que o BNG se marca nun novo tempo en Vigo, marcado por unha grande participación e nun clima interno de cohesión.

Igrexas, quen agradeceu en primeiro lugar a confianza da militancia nacionalista nel depositada, afirmou que o obxectivo do BNG en Vigo é recuperar unha presenza determinante no concello de Vigo porque «o BNG sempre fixo avanzar o noso concello con coherencia, con políticas nacionalistas e de esquerdas e sempre ao servizo da veciñanza «, afirmou.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.