Vigo al minuto

A Asociación de Veciños de Teis pide á nova ministra de Traballo que ceda o edificio do antigo centro de saúde para fins sociais

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse semana por escrito a Magdalena Valerio, nova Ministra de Traballo, Migracións e Seguranza Social, solicitando a cesión do edificio que ocupaba o antigo centro de saúde, para que se destine para uso social.

Este edificio atopase pechado desde o ano 2000, cando o Goberno de Galicia  construiu o novo centro de saúde, pasando a depender este edificio da Tesouraría da Seguranza Social.

“Dende hai anos, esta asociación e outros colectivos, estamos reivindicando que este edificio, cunha superficie de 1.063 metros cadrados, se destine para biblioteca entre outros usos dotacionais para Teis”.

Hai que lembrar que a Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse en xaneiro ao Subdirector Xeral de Xestión do Patrimonio e Contratación da Seguranza Social e en marzo a anterior Ministra de Traballo, para solicitar esta cesión deste edificio, sen recibir ningunha resposta.

Esta demanda expúxose tamén a responsábeis provinciais da Tesouraría da Seguranza Social, que manifestaron a esta asociación, xa fai un par de anos, que este edificio era unha carga para a administración e que se podían estudar formulas para destinalo a uso social, sempre que houbera algunha administración interesada.

O barrio de Teis, un dos máis poboados da cidade, conta con 5 escolares públicos, 3 centros escolares privados-concertados, 1 centro escola cooperativa e 4 institutos, «pero carecemos dunha biblioteca pública en condicións, unha ludoteca ou un local onde poida xuntarse e realizar actividades para mocidade».

“Na Asociación Veciñal de Teis, consideramos que a mellor opción sería ceder este edificio ao Concello de Vigo, para que se fixera cargo da rehabilitación do mesmo e crear novas dotacións sociais”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.