Vigo al minuto

‘Matria’, gañadora indiscutible en Cans

‘Matria’ foi, sen dudas, a gañadora da 15ª edición do Festival de Cans: a curtametraxe de Álvaro Gago é a primeira obra que se fai con catro premios na historia do festival: Mellor curta de ficción, Premio do Público, Premio AISGE á mellor interpretación feminina para Francisca Iglesias e o Premio do Xurado dos veciños.

A curtametraxe relata un día na vida de Ramona, unha muller que se refuxia na relación coa súa filla e a súa neta ante o seu duro traballo nunha conserveira e lastrada pola falta de comunicación co seu marido. Álvaro Gago repite éxito en Cans, onde gañou o premio ao mellor curto por ‘Curricán’, en 2015.

Entre o resto do palmarés destaca o nivel da sección de Animación, onde dúas das películas levaron premios nas categorías xerais: o premio AGAG a mellor guión (Luís Usón por ‘Afterwork’) e o da mellor banda sonora orixinal (Raúl Costafreda por ‘Sexa’). En todo caso, foi ‘O reloxo’, de Borja Santomé, a que se alzou co premio a Mellor curtametraxe animada.

Europa’, de Hugo Amoedo, abriu o palmarés de ‘FuraCans’, a nova categoría competitiva do Festival para filmes de non ficción, recoñecido por «a súa urxencia de contar, pola necesidade de filmar, pola súa liberdade narrativa e polo seu grao de reflexión formal sobre a linguaxe cinematográfica».    Completan o palmarés as ‘Also Sisters’ (Premio CREA á mellor realización); Eloi Sánchez Palau (Premio á mellor interpretación masculina por ‘Despois da bandeira’) e dúas mencións especiais dos xurados, para ‘A cat in the window’, de Félix Brixel (en ficción) e ‘A muller invisible’, de Noemi Chantada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.