Comarcas Vigo al minuto

@depo_es celebra este mércores en Vigo a Gala do Turismo da provincia

A Deputación de Pontevedra celebrará este mércores no Auditorio Mar de Vigo ás 8 da tarde a “gran festa do turismo provincial”, tal e como definiu á Gala de Turismo a presidenta provincial Carmela Silva, que poderá seguirse en streaming a través das páxinas web www.depo.es e www.turismoriasbaixas.com.

O evento, no que estará representado o sector turístico público e privado da provincia, será “innovador e moderno, dende a posta en escena ata a distribución das persoas convidadas, e non deixará a ninguén indiferente”.

Durante a Gala presentarase a nova campaña de promoción turística de Pontevedra Provincia que, este ano, chegará ata Madrid –o vindeiro mes de marzo-, Barcelona, Lisboa, Porto e outros puntos da xeografía nacional e internacional.

Este ano a Deputación de Pontevedra escolleu como eixo promocional o patrimonio da provincia baixo o lema “Somos historias”. Deste xeito, o patrimonio fortificado, representado por torres e castelos; ata o arqueolóxico, cos xacementos como abandeirados; o paisaxístico, dando a coñecer xardíns e miradoiros; o patrimonio literario, amosando unha provincia inspiradora de escritoras e escritores; o relixioso e espiritual, representado polos mosteiros, cemiterios singulares e a catedral de Tui; o inmaterial, con mitos, lendas e tradicións como embaixadores da provincia; o patrimonio natural, a través das nosas especies senlleiras, aves e espazos naturais; e o patrimonio etnográfico e cultural, representado polos museos, entre outras cuestións, serán os protagonistas da campaña de promoción turística da Deputación de Pontevedra que se desvelarán mañá no Auditorio Mar de Vigo, amais da nova imaxe visual e gráfica.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.