Destacados

@depo_es aproba destinar 1,7 millóns a dez concellos da provincia para contratar a 200 persoas

O  Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”.

Como informou a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Barro, Caldas, Cambados, A Guarda, A Illa de Arousa, Rodeiro e Tomiño son as vilas que van recibir máis de 1,7 millóns de euros para a contratación de 200 persoas ao abeiro da liña 3 do “Plan Concellos 2018”.

Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, é dicir, un 2,5% máis que no 2017. Coas achegas aprobadas en Xunta de Goberno para os concellos de Poio, Ponteareas, Pontecesures, Barro, Caldas, Cambados, A Guarda, A Illa de Arousa, Rodeiro e Tomiño, “está distribuída xa o 31,4% da liña 3, é dicir, preto de 3 millóns de euros que están a beneficiar xa a 19 vilas da provincia”, subliñou Carmela Silva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.