Cultura

A familia de Cunqueiro doa un cadro do escritor lucense ao hospital que leva o seu nome

A familia de Álvaro Cunqueiro realizou a doazón dun retrato do escritor lucense  aó Hospital que leva o seu nome. Así, o seu fillo César, acompañado doutros membros da familia, fixeron  entrega, este xoves, da obra ao xerente da Área Sanitaria de Vigo, Félix Rubial.

Trátase dun óleo sobre lenzo, de 0.84 x 1,10 cm.,  firmado na década dos cincuenta polo artista valenciano Néstor Casani e que estaba no domicilio familiar.

A entrega do cadro realizouse nun acto sinxelo, no que tamén estiveron presentes dous facultativos xubilados, o que fóra xefe do servizo de Nefroloxía Luis González e José Sobrado,  ambos moi unidos ao escritor e que o atenderon no seu proceso de enfermidade.

No transcurso da da entrega, Cesar Cunqueiro explicou que “con esta doazón queremos expresar a nosa gratitude polo feito de que o novo hospital publico de Vigo leve o nome do noso pai; así como agradecer tamén a labor dos profesionais sanitarios que lle atenderon no último proceso da súa enfermidade, especialmente ao servizo de Nefroloxía e Diálise”.

Ademais, quixo lembrar a especial vinculación do seu pai coa profesión sanitaria e dixo que “era fillo de boticario e mentres residiu en Vigo se rodeou de bos amigos médicos. Escribiu un libro: “Tertulias de boticas prodigiosas y escuela de curanderos” onde fixo unha boa descrición do carácter galego e colaborou con varias revistas de mediciña. Era paciente do Hospital Xeral,  onde faleceu, e sempre fixo louvanza do trato que alí recibira”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.