Vigo al minuto

Persoal do servizo de mantemento do Cunqueiro convoca folga indefinida dende o vindeiro día 26

O cadro de persoal de Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, decidiu convocar folga indefinida para reclamar un convenio colectivo no centro de traballo que iguale as condicións laborais de todos os os traballadores. O paro, que se produce despois de que a empresa se negase a incluír no acordo a ultractividade do convenio, dará comezo ás 00:00 horas do martes 26 de decembro.

A decisión de convocar a folga foi adoptada onte en asemblea por unha ampla maioría dos empregados  e conta co apoio da práctica totalidade dos sindicatos que integran o comité de empresa (CIG, CCOO e UTI), coa excepción da UGT, que optou por desmarcarse aínda que tamén fai parte do comité.

Estas diferenzas nas condicións laborais foron denunciadas ante a Inspección de Traballo, tras o que a empresa accedeu a negociar un convenio colectivo que as igualase.

Entre os 60 empregados do servizo de mantemento que foi centralizado no Álvaro Cunqueiro hai persoal con diferentes convenios: subrogado do Meixoeiro, de electromedicina, novas contratacións e persoal procedente do Sergas a través da empresa concesionaria do hospital “ao que se lle ten que aplicar un acordo de integración pero ao que non se lle respectan as condicións publicadas no Diario Oficial de Galicia”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.