Vigo al minuto

Augas de Galicia rexeita a opción de rebaixar o caudal ecolóxico «e menos para tapar as vergoñas do Concello de Vigo»…

O director xeral de Augas de Galicia dixo ‘non’ á proposta do Concello de Vigo de construír un azud entre o río Verdugo e o Oitavén, unha obra que non estaría rematada antes de xuño do ano que ven e, así mesmo, rexeitou de plano a redución do caudal ecolóxico, como pediu o alcalde de Vigo xa que , supón pedir  “ reiteradamente á Xunta que cometa un delito ambiental: non o vai a facer e moito menos para tapar as vergoñas da incapacidade do Concello de asumir esta situación».

Roberto Rodríguez insistiu na necesidade de reucir o consumo de auga e rexeitou que se pedise a algunha empresa que pechase,  senón que “aquelas  que consomen máis de 2.000 metros cúbicos ao ano reduzan o seu consumo».

Rodríguez reiterou que o Goberno de Galicia segue ofrecendo o reforzamento do abastecemento con captación de auga do Verdugo dende as canles de derivación de senllas explotacións hidroeléctricas até a entrada do sistema de abastecemento de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.