Deportes Destacados

Catro equipos galegos entre os 10 primeiros na Regata Nacional de 200 metros de piragüismo

O piragüismo galego está en plena forma e amosouno xogando en casa. A Regata Nacional de 200 metros celebrada no encoro de Pontillón do Castro (Verducido) e puntuable para a Liga de Pista Olímpica “Hernando Calleja” acabou con catro equipos entre os dez primeiros postos na clasificación xeral por clubes, dous deles como campión e subcampión.

O primeiro e segundo posto conseguirono o Kayak Tudense e As Torres de Catoira, mentres que o Breogán do Grove proclamouse quinto e o Náutico O Firrete oitavo. Por iso, numerosos padexeiros galegos conseguiron subirse ao podio. E se fixeron cos primeiros postos das súas categorías Alejandro Conde Ordóñez do Unión Boiro Rianxo (Home Xuvenil C-1); Tania Fernández García do Fluvial de Lugo (Muller Xuvenil K-1); Noelia Suárez Ogando do Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra (Muller Xuvenil C-1); André Oliveira do Náutico Firrete (Home Senior C-1); Teresa Portela do Club de Mar ría de Aldán- Hermanos Gandón (Muller Senior K-1); Antonio Manuel Lobato e Diego Miguens, de As Torres (Home Xuvenil C-2); Valeria Romero e Carla Pérez do Kayak Tudense (Muller Xuvenil K-2); Yery Picallo e André Oliveira do Náutico O Firrete (Home Senior C-2); Silvia Rodríguez, Valeria Romero, Carla Pérez e Paula Castro do Kayak Tudense (Muller Xuvenil K-4); Rodrigo Tiebo, Carlos Pérez, Rodrigo Germade e Roberto Abal de Piragüismo Aldán (Home Senior K-4); Cristian Ribademar, Damián Ramos, Jacobo Domínguez, Sami Grigore do Breogán do Grove (Home Senior C-4); Marco Varela, Héctor Outeda, Álvaro Bravo, Jaime Dobarro do Breogán do Grove (Home Senior K-4.

Esta cita dos 200 metros é a proba que determina os ránkings das categorías Junior e Sub-23, así como a clasificación para o Campionato de España de Pista, que se celebra os días 28 e 29 de agosto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.