Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

A reforma da Gran Vía, coa rampa deslizante entre Urzáiz e Praza de España, estará rematada a principios de 2019

Fotografía:CV

O alcalde anunciou que ao longo deste trimestre concluirá a redacción do proxecto de rehabilitación e transformación da Gran Vía, entre Urzáiz e a Praza de España, para ser posteriormente licitado e contratado no segundo trimestre de 2018. O prazo estimado de obra é de 12 meses, co que a finalización se prevé para «marzo ou abril» de 2019.

Abel Caballero, xunto ao segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, David Regades, presentou algúns esbozos do proxecto ás direccións local e rexional de El Corte Inglés. Segundo apuntou o alcalde, o goberno vigués citará ao resto de comerciantes da Gran Vía para buscar tamén a súa «complicidade» na remodelación.

O Concello ten contratado por 122.000€ a redacción do proxecto de mellora, que permitirá salvar os 650 metros de lonxitude entre Urzáiz e a Praza de España en aproximadamente 3 minutos.

A actuación municipal respectará os catro tramos nos que actualmente se divide o bulevar central, onde instalará once ramplas mecánicas para dotar de «porosidade» á zona, e poder ter máis puntos de acceso e saída das pasarelas.

Caballero indicou que a remodelación incorporará prantexamentos «absolutamente sorprendentes» para cada un dos catro tramos do bulevar central, que serán diversos en vexetación e ofrecerán propostas distintas. A modo de exemplo, o alcalde citou unha praza «improvisada» con espazos para sentarse, un xogo de tecnoloxía e natureza, unha gran fonte, unha escultura, un proceso de obtención de enerxía coas pegadas ou zona WiFi.

Na mazá ante El Corte Inglés, no treito que comprende desde Ecuador á rúa Venezuela, «haberá unha gran praza de sesenta metros de ancho e cen metros de largo», con «puntos de encontro» mediante «un sistema de ordenación semafórica» que faga posible un espazo «diferente na cidade».

No tocante ao orzamento, o alcalde recordou que o Concello obtivo 15 millóns de euros dos Fondos FEDER europeos para o proxecto Vigo Vertical, que inclúe esta actuación na Gran Vía, cun custo estimado entre os 8 e 9 millóns de euros. Ademais da subvención europea –“a maior conseguida por ningunha urbe española nesta convocatoria europea”-, o goberno de Vigo completará o orzamento cunha partida engadida de 3.750.000€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.