Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia que o Goberno local quere subir o recibo da auga máis dun 2% o ano que ven

O Grupo Municipal da Merea de Vigo ven de asegurar que “outro ano mais, dende o comezo da última lexislatura, o Goberno Municipal levará a cabo unha suba nas tarifas da auga”, sendo a proposta para o 2018 o dobre que a do 2016, do 1,1 de suba ao 2,2%, “sendo, en valores reais máis do dobre, posto que a suba realízase sobre o prezo anterior”.

A pesares desta suba, sinalan dende Marea de Vigo, “segundo o informe de intervención, feito cos datos derivados do contrato con Aqualia e as relacións existentes co Concello,  di que debería aumentarse un 9,8% nesta altura para poder cubrir todo o custe do servizo”.

A xuizo da concelleira Marga L. Barreiro, isto non ten máis explicación que a de ser a consecuencia de estar utilizando a Aqualia para levar a cabo actuacións que distan do que unha empresa de subministro e saneamento debe facer. Obras ornamentais en lugar de, por exemplo, a eliminación da tubaxe de fibrocemento, aínda moi presente nesta cidade.

“Consecuencia disto tamén foi a prórroga do contrato con Aqualia no 2015 sen levar a cabo ningunha auditoría pública e mantendo abusos como o consumo mínimo de auga abuso que, de seguir prorrogando con esta empresa, pode manterse ata o 2030, de 5 en 5 anos”.

Para a Marea de Vigo, non é concibible nunha cidade como Vigo a existencia dun consumo mínimo de 30 m³ de xeito bimensual, “o que veñen sendo 500 litros ao día”, resultando isto unha cuestión física e sustentablemente imposible cos embalses que nutren a Vigo se as viguesas e os vigueses consumiran toda esa auga que están pagando.

“Hai cidades nas que non hai consumo mínimo ou o pago deste realízase por tramos, pagando segundo se consuma e de xeito gradual, sendo máis caro canto máis consumo, ao igual que tarifando diferente segundo as persoas que ocupen a vivenda en cuestión”.

Á marxe do abuso, sinala a concelleira, este aspecto da lugar a incongruencias tales como a que, canto máis aforro en agua nun fogar vigués, máis beneficios leva a empresa, xa que no recibo págase pola auga que a empresa non subministra.

«Igualmente, para a Marea de Vigo, un ben como a agua debería estar garantida a toda á cidadanía e cun mínimo de xeito gratuíto ou simbólico, aínda que para iso, é necesaria a remunicipalización destes servizos e a concepción do público como un ben común, políticas que distan moito das exercidas por este Goberno Municipal».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.