Comarcas

@ponteareas_gal convoca a praza de técnico coordinador de ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’

O Concello de Ponteareas adianta que nos vindeiros días publicarase no Boletin Oficial da Provincia a convocatoria dunha praza de técnico de xestión da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’ que contou coa aprobación do Pleno da corporación.

Esta persoa será a responsable da coordinación da xestión administrativa interna para a estratexia que se desenvolverá nos vindeiros anos co apoio dos Fondos FEDER da Unión Europea.

Trátase dun contrato de funcionario interino que debe ser experto en xestión de proxectos europeos. Coa contratación deste técnico iníciase a organización da estructura necesaria para que comecen a desenvolverse as distintas accións contempladas na estratexia Ponteareas, Hábitat Saudable, presentada o pasado día quince.

Deste xeito, e ao igual que noutros concellos beneficiarios destas axudas para esa convocatoria, esixirase a titulación académica de diplomado universitario ou grao equivalente.

Entre as súas funcións están a de responsable da organización interna da EDUSI e a da coordinación técnica, o seguemento de control do proxecto, a xestión e posta en marcha da execución do proxecto, instruir e comprobar as verificación do mesmo ou a representación técnica municipal nas reunións de coordinación e execucíon da EDUSI e fronte a terceiros, entre outros dos seus cometidos.

Esta convocatoria poderase consultar na páxina web do concello a partir do mércores  día 26 de xullo. Trátase dunha convocatoria de libre concurrencia para seleccionar á persoa máis idónea para este programa que organizará o futuro de Ponteareas.

También te puede interesar