Comarcas

@ConcelloNigran retomará nos vindeiros días as obras de abastecemento na parroquia de Parada

O Concello de Nigrán retomará nos vindeiros días as obras de abastecemento á parroquia de Parada tras obter ,ao fin, os correspondentes permisos da Direción Xeral de Patrimonio para construír o depósito no monte Eiró.

A empresa adxudicataria Covsa viuse en abril na necesidade de suspender os traballos ante a demora das citadas autorizacións e tendo en conta que comezaran en decembro cun prazo de execución de 6 meses.

Seguindo a propia resolución de Patrimonio, que sinala a necesidade de realizar un control arqueolóxico dos movementos de terra no ámbito próximo aos petroglifos e sondaxes mecánicas na zona onde se vai a construír o depósito, o Concello de Nigrán xa contratou para tal fin a empresa «Estela, arqueoloxía e Patrimonio» por preto de 2.000€.

«Para o goberno de Nigrán é unha obra urxente e prioritaria, así que en calquera caso os prazos non se van ver afectados e os veciños terán auga antes de que remate o ano», asegura o alcalde, Juan González.

O goberno local considera primordial levar o abastecemento de auga a Parada canto antes, por iso  hai un ano acordou en Pleno asumir o custo das obras con cargo ao remanente de Tesourería tras ter revocado a Xunta unilateralmente  o convenio (en contra de toda a corporación).

O obxectivo é levar a agua a Parada polo barrio de A Carrasca para dar servizo aos barrios de Carrasca, Laxe, Tinde ou Igrexa. Esta ampliación da rede de abastecemento beneficiará a preto de mil veciños residentes no entorno (na parroquia actualmente se surten mediante pozos ou traídas comunais).

A obra consiste en ampliar a rede de abastecemento mediante a instalación dunha nova conducción que conecta a rede existente no parque empresarial Porto do Molle, a través dun bombeo, cun novo depósito de regulación de 500 m3 (ubicado no monte Eiró) e dende onde se dará servizo ás vivendas da zona. Actualmente xa está instalada a tubaxe de impulsión e de distribución, agás na ponte sobre a autoestrada e na zona próxima a Eiró debido precisamente a esta afección de Patrimonio. Por outra banda, executouse a práctica totalidade da obra civil do depósito de bombeo e realizouse a reposición de pavimento. Agora comezarán os traballos na zona do monte Eiró que quedaran en suspensión.

Por outro lado, o Concello de Nigrán está pendende agora dos pertinentes informes de Patrimonio para iniciar as obras que levarán o abastecemento aos barrios de Nandín, Igrexa, A Rúa, Con e A Reboreda e que beneficiarán tamén á parroquia de Camos (barrios de O Castelo, A Lama y O Rial) e ás vivendas situadas nas inmediacións da PO-332 (rúa dos Pazos).

En total, máis de mil veciños se beneficiarán desta actuación que conta cun orzamento de 374.809,48€ que será financiada íntegramente pola empresa concesionaria Aqualia froito dun acordo co Concello. As obras previstas inclúen a súa posta en marcha xunto á instalación dunha nova canalización, un bombeo e un depósito.

“Con estas dúas obras, a totalidade da parrquia  de Parada e parte da de Camos quedarían en disposición de poder ter aceso a abastecemento”, resume o rexedor.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.