Vigo al minuto

Aprobada a contratación do proxecto para transformar a Porta do Sol nunha praza peonil

O Goberno local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación dos servizos de redacción do proxecto de execución das obras de soterramento do tráfico rodado da Porta do Sol e a transformación peonil da actual rede viaria, un proxecto cofinanciado por fondos FEDER da Unión Europea e que ascende no seu conxunto a 6 millóns de euros.

A UTE GOC S.A. Capitel Arquitectura Ingeniería e Innovación S.L. será a encargada de redactar o proxecto por un importe de 140.965€ e logo chegará a cualificación arqueolóxica e a realización da obra.

Segundo o alcalde, trátase dunha das «grandes obras» de Vigo «polo que significa, porque a cidade necesita unha gran praza de encontro, que sexa de todos, e esta será a nova praza da Porta do Sol».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.