Comarcas

Denuncian a masificación e o deterioro do Bouza Brey de Ponteareas

O grupo municipal do BNG vén de denunciar que xa pasou un ano desde que se aprobara por unanimidade mellorar os centros de ensino de Ponteareas e construir un novo centro de Primaria e que aínda non se moveu nin un dedo para facelo. Por iso, pedirá que o alcalde da vila e o concelleiro de cultura comparezan no pleno do vindeiro 27 de maio para dar conta desta xestión, xa que non se levaron a cabo nin as labores de mantemento, conservación e obras menores necesarias nos centros antes de comezar  o curso.

Os nacionalistas alertan da masificación en Primaria, ao que se suman os problemas de deterioro do CEIP Fermín Bouza Brey. Neste centro estudan 600 alumnos, o dobre do para que foi construido, o que significa unir aulas, prescindir de espazos como laboratorio, diminuir as aulas de informática… para dar cabida a todos os estudante, o que implica un «evidente deterioro da calidade do ensino». Para o BNG a única solución pasa por por a disposición da Xunta os terreos para construir un novo centro, a pesares de que o Goberno autonómico insiste nunhas obras de ampliación do actual centro que o Consello Escolar non ve viable.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.