Comarcas

@depo_es confirma un 77% de ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra durante a ponte do 1º de Maio

A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer este xoves os resultados de ocupación hoteleira rexistrados na provincia de Pontevedra durante a pasada ponte do primeiro de maio.

Carmela Silva informou que a ocupación media provincial nos establecementos hoteleiros foi do 77,15%, dous puntos por riba das estimacións realizadas por Turismo Rías Baixas, e do 56% nos establecementos de turismo rural, 6 puntos máis que o previsto pola institución. 

Silva asegurou que “estamos a falar dunha das mellores pontes de maio dos últimos anos, uns excelentes resultados que superan ata en 15 puntos os rexistrados na mesma ponte do 2016” e amosou a súa satisfacción por “seguir a ser un destino que medra».

A ocupación hoteleira foi do 77,15%, porcentaxe que se superou nas comarcas de Pontevedra, Vigo, O Morrazo, Caldas e no Deza e en Tabeirós-Terra de Montes.  Pontevedra superou o 90% de ocupación hoteleira, Vigo o 85%, ao igual que o Deza e Tabeirós-Terra de Montes que rozaron esa porcentaxe, O Morrazo o 83% e Caldas o 80%. Pola súa banda, a comarca do Baixo Miño chegou ao 71% de ocupación, O Salnés ao 70% e as comarcas do Condado e A Paradanta superaron o 53%.

No caso dos establecementos de turismo rural, a presidenta da Deputación manifestou a súa satisfacción por acadar unha ocupación do 56% na provincia, seis puntos máis que o previsto por Turismo Rías Baixas.  Esta porcentaxe se superou en comarcas como O Morrazo, O Condado e  A Paradanta, O Baixo Miño e Pontevedra. Así, O Morrazo superou o 92 % da ocupación nos establecementos rurais, O Condado e A Paradanta o 86%, O Baixo Miño o 73% e Pontevedra o 61%.  Pola súa banda, a comarca de Caldas acadou o 56%  e O Salnés o 41%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.