Destacados

@ArboConcello trae este venres ao Mercado de Teis, a proba da LVII Festa da Lamprea que se celebra do 28 ao 30 deste mes

O Concello de Arbo, co seu alcalde, Horacio Gil, á cabeza, ‘tomará’ este venres, día 21, o Mercado de Teis para presentar, dende as 12.00h a «LVII Festa da Lamprea», que terá lugar o último fin de semana de abril, do día 28 ao 30, por primeira vez como Festa de Interese Turístico Nacional.

O Concello de Arbo, ofrecerá aos visitantes,  para a súa degustación,  varios pratos elaborados con este prehistórico peixe, ao estilo de Arbo, rechea e en empanada, e unha selección dos mellores viños da D.O. Rías Baixas.

O afamado restaurante arbense «Casa Barcia», será o encargado do ágape, respectando o xeito tradicional de preparación deste manxar, homenaxe a pescadores e veciños, que o levan cociñando ao longo dos anos e transmitindo os seus segredos de pais a fillos para mantelos vivos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.