'Qué te cuentas?'

@AsembleaDeCoia retoma a súa actividade este sábado coa charla «Saúl, 2 anos de prisión por facer cancións»

A Asemblea Aberta de Coia retoma a súa actividade este sábado 22 de abril. O motivo do regreso, de novo é, sinalan dende a asamblea, “a represión que volve a golpear en forma de procedemento xudicial a un rapaz do barrio”.

Saúl, veciño de Coia, indican, enfróntase a un procedemento penal no que a Fiscalía solicita 2 anos de prisión e 4.800 € de multa por facer cancións con contido reivindicativo.

“Dende a Aemblea queremos amosar toda a nosa solidariedade con Saúl, e coas demáis persoas que afrontan procesos similares, polos mesmos feitos. Xa que nos parece absolutamente desproporcionada a intención de castigar a loita social, en calquera das súas manifestacións, con altas penas de prisión”.

Co fin de explicar a súa situación, e das integrantes do colectivo ‘La Insurgencia’, Sául, falará sobre o seu caso. A charla leva por título. «Saúl, 2 anos de prisión por facer cancións». Será o sábado a partires das 19:30 no salón de actos da parroquia do «Cristo da Vitoria» en Coia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.