Galicia

14 ofertas para a construción da Depuradora da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves

A Xunta recibiu un total de 14 ofertas para a execución das obras da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Plataforma Loxística Empresarial de Salvaterra-As Neves (Plisan), que foron licitadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda o pasado mes de marzo.

O contrato suporá a construción desta infraestrutura hidráulica e do seu acceso, así como a execución do correspondente colector de vertedura, a súa posta en marcha e explotación. O importe da licitación é de algo máis de 4 millóns de euros.

A licitación comprende tamén a redacción do proxecto construtivo e o prazo para a redacción do proxecto da Edar será de tres meses, a partir da sinatura do contrato. Posteriormente, a construción terá que executarse nun prazo máximo de 12 meses.

As obras consistirán na construción dunha EDAR dimensionada para a primeira fase da Plisan, pero preparada para as ampliacións futuras previstas. Así mesmo, incluirá a execución dun tanque de emerxencias, de 900 m3 de capacidade. Ademais incluirá un acceso, de 241 metros de lonxitude e 5 metros de ancho, a instalación do colector da entrada á EDAR, a acometida eléctrica, as telecomunicacións e o abastecemento.

 Tamén se executará o colector de vertido ao río Miño das augas depuradas, con 464 metros de lonxitude e 400 milímetros de diámetro. Como obras complementarias instalaranse equipos de bombeo, implementarase un sistema de xestión de vertidos accidentais e realizaranse labores de recuperación da canle dun muíño próximo á EDAR.

 Actualmente, estanse desenvolvendo as obras da primeira fase dos sistemas xerais da Plisan, que están executadas nun 80 % e está en redacción o proxecto de construción da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), que se prevé licitar proximamente. Tamén está en redacción o proxecto de urbanización da zona Loxístico-Empresarial (LE).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.