Galicia

Galicia lembra a xenial artista lucense Maruja Mallo

A vila de Viveiro acolleu este sábado o acto de homenaxe á artista Maruja Mallo, unha das figuras senlleiras do surrealismo internacional, á que a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario lle dedica este ano o Día da Arte Galega.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que participou nesta celebración, avanzou que o Goberno galego ten deseñado un conxunto de iniciativas arredor de Maruja Mallo co fin de recoñecer a importancia desta artista no contexto das artes no século XX.

Román Rodríguez subliñou a “modernidade cosmopolita” desta musa da xeración do 27 que desde o seu Viveiro natal se proxectou cara o mundo a través de cidades tan diversas como Madrid, Arxentina, París, Santiago de Chile, Brasil ou Nova York. Segundo dixo, foi unha persoa valente que coa súa actitude e pensamento, cimentou as bases da muller moderna; e unha transgresora na arte, que foi quen de crear “a súa propia linguaxe artística” mesturando as distintas correntes que estaban chegando a España coa ollada á arte popular. O conselleiro invitou a recordar a Maruja Mallo como “unha galega universal por dereito propio” que fixo da arte o sentido da súa vida e que por riba de todo, contribuíu a facer Galicia.

O Día das Artes Galegas oficializouse por primeira vez hai tres anos, coa dedicatoria ao Mestre Mateo; e o ano pasado o protagonista foi Castelao. Maruja Mallo recibe o recoñecemento nesta edición de 2017, segundo a propia Academia, pola importante significación do seu legado e da súa obra plástica, o seu contacto con artistas escritores e intelectuais como Dalí, Alberti, Lorca, Neruda, Breton ou Éluard, e as súa integración nas vangardas, así como o seu carácter transgresor e defensa dos dereitos da muller.

Co gallo desta conmemoración en homenaxe a Maruja Mallo, o Goberno de Galicia ten deseñado un variado programa de actividades en torno a esta creadora e que abrangue diversas iniciativas no ámbito das bibliotecas públicas con obradoiros, roteiros, conferencias, iniciativas na rede e mostras bibliográficas; a incorporación do Día da Arte Galega ao Calendario do Libro e da Lectura 2017; e proxectos expositivos nos distintos museos públicos, entre outros.

De feito, ata o vindeiro venres o Museo Pedagóxico de Galicia ten marcha o roteiro ‘En feminino: un recordo ás mulleres comprometidas coa educación en Galicia’. Esta actividade consiste nun roteiro deseñado para as persoas que visiten o Mupega, no que se destacan espazos expositivos relacionados con mulleres galegas que xogaron un papel activo na educación, con especial atención á figura de Maruja Mallo.

Así mesmo, baixo o lema ‘Lembrando a Maruja Mallo’, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá entre abril e maio unha actividade que inclúe unha exposición de pezas da creadora que inclúe litografías, textos e imaxes da obra da artista que pertencen á Colección do museo, e un punto de documentación específica na biblioteca do centro, con catálogos e libros sobre a súa vida e a súa obra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.