Vigo al minuto

O Tribunal Superior de Xunstiza de Galicia estima correcta a actuación do Concello na adxudicación do mantemento de zonas verdes

O alcalde informou este martes da recepción por parte do Concello dunha sentenza da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o proceso de licitación do contrato de conservación de zonas verdes municipais na que que, sinalou, o alto tribunal considera «correcta» a decisión da mesa de contratación de excluír ás empresas Valoriza e Cespa do procedemento e adxudicar o contrato a Althenia.

Esta decisión do TSXGl invalida a do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais que estimara a demanda destas dúas empresas e decide na contra dos seus recursos.

Tal e como explicou Abel Caballero, a mesa de contratación adxudicara no ano 2015 o contrato de conservación e reposición de zonas verdes da cidade á empresa Althenia, excluíndo a Cespa e Valoriza, unha decisión que demandaran as dúas concorrentes e que estimara o Tribunal de Recursos Contractuais, que decidiu que «debiamos retrotraer contrato e darllo a Valoriza».

O Concello acatou a decisión xudicial pero recorreuna ao considerar que o órgano de contratación estaba no certo. Agora, o Tribunal Superior de Xunstiza de Galicia avala a actuación da mesa de contratación evidenciando que «a decisión municipal fora axeitada polo que a concesionaria, en función desta decisión, é Althenia e, ademáis, dálle enteiramente a razón ao Concello de Vigo», concluiu Caballero.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.