Comarcas

@ConcelloNigran retirará este venres os milleiros de botellas de plástico e lixo que deixou o temporal nas praias

O Concello de Nigrán concluirá hoxe a limpeza manual e urxente dos seus areais tras aparecer durante a fin de semana miles de botellas de plástico e lixo que serán sometidos ao correspontente tratamento de xestión de residuos.

O forte temporal provocou unha chegada masiva deste tipo de lixo a tódalas praias do municipio, polo que dende o luns os operarios comezaron a traballar en Prado para seguir por Area Fofa, A Madorra, Panxón e Praia América.

A limpeza dos areais estase a realizar de xeito manual, sen ningún tipo de medio mecánico, e sen retirar as algas, dado que ambos aspectos son os máis axeitados para evitar a erosión do litoral.

«Cando hai temporais chega máis lixo as praias, pero nesta ocasión resulta sorprendente. En canto finalizaron as mareas vivas e as alertas comezamos a limpar urxentemente», sinala o alcalde, Juan González.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.