Comarcas

Bombeiros de Ponteareas acudiron a máis de 30 incidencias durante o pasado temporal

Bombeiros de Ponteareas atenderon máis de trinta incidencias en 72 horas durante o pasado temporal, no que o vento, máis que a choiva, provocou danos en vivendas e infraestruturas municipais. O rápido traballo dos Servizos de Emerxencia permitiu que a rede viaria municipal estivera operativa en case que toda a súa totalidade, a pesar das numerosas caídas de árbores.

Por primeira vez e ante os avisos de temporal, explica a concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, “desenvolvéronse reunións de seguridade nos días anteriores, coa presenza de Bombeiros e Policía Local, de cara a analizar os posibles riscos e tratar de anticiparnos ás situacións de emerxencia que se puideran dar”. Entre as medidas adoptadas, “acordouse reforzar, só no caso de que fora estritamente necesario, o servizo de bombeiros que se presta todo o ano con dous traballadores por quenda ─algo que xa acontecía na época en que Juan Carlos González Carrera era concelleiro, xa que nunca houbo máis de dous traballadores por quenda─ con outros dous localizables á espera de activación se fora preciso”.

Aproveitou a concelleira para desmentir as afirmacións realizadas polo portavoz de ACIP, Juan Carlos González Carrera, sobre a titularidade do servizo de bombeiros e o seu persoal. Vanesa Fernández lémbralle ao portavoz de ACIP que “esta concelleira nin ten intención de despedir a ninguén nin expresou nunca a necesidade de que o parque fora privado”. E máis, engade Fernández, “insistía daquela e sigo insistindo agora, da necesidade de que o servizo de bombeiros provincial fora un servizo público e xestionado por unha entidade capaz de ofrecer unha resposta homoxénea e unánime ante calquera emerxencia”.

Por outra banda, matiza Vanesa Fernández, que é totalmente falso que sexa o 112 quen decida a prioridade das emerxencias “algo que na actualidade non sucede”. De feito engade a responsable de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas, “a realidade e que estamos actuando como un subparque, xa que os bombeiros ponteareáns, non só atenden as necesidades do noso municipio, senón doutros sete concellos como son Arbo, A Cañiza, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves y Salvaterra de Miño”.

As formulacións do portavoz de ACIP ─di Fernández─ “son tan desatinadas como se pensarmos que, no caso das ambulancias, por darse unha urxencia noutro lugar, Ponteareas quedaría sen servizo en caso de producirse outra”.

A importancia que o Goberno local dalle ao Servizo de Emerxencias Municipal, remata Vanesa Fernández, “queda ben demostrada polo feito de que no ano 2016 contratáronse ata cinco traballadores para o servizo e en xaneiro deste ano, temos solicitado a contratación de catro bombeiros máis”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.