Vigo al minuto

O doutor Fernández Lorenzo cesa coma xefe de Pediatría do CHUVI pola súa incorporación a HM Hospitais

Foto:hmhospitales.com

A dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), ven de confirmar o cese o doutor José Ramón Fernández Lorenzo coma xefe de Pediatría, logo de que se coñecese a súa incorporación, nese mesmo posto, a  HM Hospitales para dirixir o servizo de Pediatría nos  catro hospitais que o grupo sanitario privado ten en Galicia: La Rosaleda e La Esperanza de Santiago, e Modelo e Belén en A Coruña.

O doutor Fernández Lorenzo-que ademáis é profesor na Facultade de Medicina de Compostela e presidente da Sociedade de Pediatría de Galicia- asumirá o seu novo posto nun prazo máximo de seis meses, dacordo coa información da dirección do CHUVI.

“Non sendo axeitado compatibilizar ambas prazas, o seu labor consistirá en que durante este período se efectúe unha transición planificada das funcións que ven desenvolvendo no CHUVI. Neste periodo, o Servizo Galego de Saúde iniciará o proceso de nomeamento dun novo xefe de servizo”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.