Comarcas

@AsNevesConcello contratará a 31 persoas sen traballo dentro do Plan de Emprego Municipal 2017

O alcalde de As Neves, Xosé Rodríguez Méndez

O Concello das Neves contratará, ao longo deste ano, cando menos, a 31 persoas desempregadas.  Estás contratacións estarán financiadas co propio orzamento do Concello e con achegas ou programas da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.

O Plan de Emprego, sinala o alcalde,”conxuga facilitarar a empregabilidade e por tanto loita contra o desemprego, coa prestación eficaz dos servizos a cidadanía”. Para conseguir isto, solicitanse candidatas e candidatos ao Servizo Público de Emprego: para algúns postos de traballo, máis técnicos, haberá un proba práctica e para os demais non.

Case tódolos postos superarán os 6 meses de contratación e algúns chegarán aos 10 meses e medio, “tentando achegarse o máis posible a xornada completa”, engade Xosé Rodríguez Méndez.

Os postos a cubrir sos de auxiliares administrativos para o Concello, Servizos Sociais e Bibiblioteca; auxiliar de Axuda no Fogar, Conductores de camión, Tractoristas, oficiais de obras e xardinería, peóns forestais, peóns de obras, persoal de limpeza, peón para o punto limpo, fontaneiros, socorristas e monitores.

O alcalde indica que “loitar contra o desemprego é unha prioridade tentando que sexa emprego digno” e tamén adianta que As Neves contará con persoas becarias para desenvolver prácticamente a súa formación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.