Vigo al minuto

A Asociación de Veciños de Teis convoca unha manifestación este martes, día 17, para pedir un bus ata o Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis convoca unha nova manifestación este martes 17 de xaneiro ás 7 da tarde, dende o Mercado de Teis, para reivindicar do Concello, un autobús directo de Teis ao Hospital Alvaro Cunqueiro.

Esta será a septima manifestación convocada, ademais da presentación no Concello de 3.654 sinaturas, o pasado mes de novembro. “Levamos mobilizándonos desde setembro de 2016, e aínda non sabemos cando teremos unha liña de autobús desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro. O alcalde fala desde fai meses de estudos, que aínda non esta realizado. Non é a primeira vez que fai anuncios, que logo non se concretan e en Teis sabémolo ben: piscina da ETEA, biblioteca e outros”.

Dende a apertura do novo hospital Álvaro Cunqueiro, disto fai máiss dun ano, as queixas son continuas da veciñanza que utiliza o autobús urbano cara o novo hospital desde Teis.A veciñanza ten que desprazarse ate a Casa das Artes, en García Barbón, para coller a liña H1, ou até os Choróns , para tomar a H2 para poder conseguir un enlace para ir ao Cunqueiro. Os veciños critican que non haxa liñas que pasen ou saia da parroquia de Teis e que o H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos.

“Debemos ter en conta que unha parte importante dos usuarios son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, os domingos e festivos e  chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares. Temos un hospital con moitas deficiencias e a maiores carecemos dun bo transporte urbano que nós permita chegar ao hospital dende Teis”.

Por isto, “o goberno municipal debe esixir a Vitrasa que mellore este servizo debidamente e que atenda as demandas da veciñanza de Teis. Por iso, dende a Asociación Veciñal de Teis, propoñemos que a liña H2 e H1 sexan ampliadas até Teis e que a liña H1 funcione os sábados, domingos e festivos e cunha frecuencia de 30 minutos”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.