Galicia

@En_Marea propón que os orzamentos de Galicia reserven 168 millóns contra a pobreza e 65 para crear emprego

En Marea afronta o debate orzamentario do vindeiro luns no Parlamento de Galicia dende unha posición de país que garanta os dereitos das maiorías sociais. Así o avanzou esta mañá Luís Villares despois da Xunta de Portavoces, tras cuestionar a decisión do Partido Popular de reducir todo o debate sobre os orzamentos do ano 2017 a unha única xornada, «un periodo escandalosamente breve para que a xente non coñeza cal é a verdadeira realidade das políticas do PP e evitar que se visualice a nosa alternativa que defende un crecemento sen renunciar a dereitos».

Tanto a emenda á totalidade de En Marea, que propón un incremento de 750 millóns de euros, como as emendas parciais parten da defensa dunha alternativa ás contas da Xunta con prioridades irrenunciables: un Plan de Emerxencia Social, a loita contra a pobreza e a exclusión social, a mellora da sanidade pública, a recuperación do emprego loitando contra a precariedade laboral, a revitalización dos sectores primarios, o rescate do ensino público e a garantía de acceso á vivenda.

Para loitar contra a pobreza e a exclusión social En Marea propón 168 millóns de euros, para recuperar a sanidade 104, 75 para a dinamización dos sectores primarios e 65 millóns para revitalizar o emprego. «Os recortes non son obrigatorios, son unha opción ideolóxica do Partido Popular, que esta mañá volveu plasmar no DOG unha redución orzamentaria para o Plan Aluga. Entende o goberno da Xunta que en Galicia xa non hai familias sen recursos nin mozos e mozas que precisen axudas para emanciparse?», reflexionou o portavoz do grupo parlamentario En Marea.

O portavoz do grupo parlamentario, Luís Villares, avanzou que En Marea só subscribiría un pacto de financiamento se as maiorías sociais saen gañando. «Teñen que darse dúas condicións: a obtención de recursos suficientes para satisfacer a prestación de dereitos fundamentais e servizos básicos para toda a poboación e un modelo fiscal que non imite outros modelos do Estado, senón que permita implementar unha axenda económica propia para dinamizar Galicia social, laboral e demograficamente ó mesmo tempo que se reforza o autogoberno».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.