Vigo al minuto

@AsembleaDeCoia organiza unha semana en «solidariedade coa loita na rotonda»

A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizan unha semana de palestras e proxeccións “en solidariedade coa loita na rotonda de Coia” que leva por título: «Quérennos en soidade, téñennos en común».

A xira, que comeza o domingo 8 e remata o sábado 14 de xaneiro, procura sumar apoios ante o xuízo que o 17 de xaneiro ten Diego Lores. “El foi unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués”. Este ciclo de palestras, irán acompañadas da proxección da curta #MoitoPeixeRompeARede que repasa os meses de conflito.

Segundo indica Asemblea Aberta de Coia, “con estas actividades queremos poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común, da vida. Coñecer as resistencias das que visualizan a inxustiza existente tras a cidade capitalista. Coñecer as arelas daquelas que pulan por colocar a vida e os dereitos sociais de todas no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola xustiza social”.

Para tratar estes temas conatrán con veciñas de Coia acompañadas de “persoas que participaron en diferentes loitas” co obxectivo de partillar experiencias e tecer redes na defensa doutras vidas que paguen a ledicia de seren vividas.

O calendario de actividades será o seguinte: en Ponferrada o domingo 8 xaneiro ás 15:00h, en Ferrol o luns  9 xaneiro ás 19:00h. no Ateneo Ferrolán (r/Magdalena 202-204); en Sabarís o martes 10 xaneiro ás 20:00h, no Casino de Sabarís (r/Julián Álvarez 33); en Ourense o mércores, día 11, ás 20:00h. en A Galleira (Praza de San Cosme); en Nigrán o xoves 12, ás 20:00h. A Casa Colorida (r/Rosalía de Castro 16); en Pontevedra  o venres, día 12, ás 20:00h. na  Casa das campás (r/Don Filberto 9)e o sábado 14, ás 7 da tarde, en Vigo, no CS Faísca (r/Toledo 9).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.