Ciencia y Tecnología

Caballero di que haberá un Vitrasa de Teis ao Cunqueiro pero rexeita recibir á Asociación de Veciños

O alcalde asegurou este mércores que, como reclama a Asociación de Veciños de Teis, haberá un Vitrasa que vaia dende a parroquia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro, iso si, Abel Caballero non recibirá aos representantes da asociación de veciños porque, sinalou “fai política coa CIG”.

Caballero repetiu que o seu goberno estuda o xeito para que haxa conexión entre “o hospital privado de Feijóo” e todas as parroquias, non so a de Teis pero, lembrou, o feito de que o hospital estea na súa ubicación supón un custo moi grande en trasporte, de feito sinalou que os buses que levan ao Cunqueiro obrigan ao Concello a facer un desembolso de 500.000€ anuais.

Logo de que os representantes dos veciños de Teis se achegasen ata o Rexistro Municipal levando un Vitrasa de cartón e presentasen no mesmo unha solicitude de entrevista co propio Caballero e coa concelleira de Transporte, Ángeles Marra, o alcalde rexeitou ter unha xuntanza coa Asociación de Veciños de Teis e logo de preguntarse “¿por qué non lle esixen a Feijóo que poña un aparcamento de balde no Cunqueiro?”, comentou que “non vou facer política coa CIG…xa presentaron un candidato ás municipais-en referencia a Serafín Otero, ex secretario comarcal deste sindicato- e asi lles foi”.

Pola súa banda, o voceiro da Asociación advertiu que logo de manifestarse e entregar preto de 4.000 sinaturas para que haxa un bus ao Cunqueiro , “non se fixo nada”, polo cal seguirán as protestas para que os veciños de Teis non teñan que coller,” cando menos, dous buses e facer un traxecto dunha hora para chegar ao hospital”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.