Vigo al minuto

O alcalde non da por válido o informe do Goberno de Galicia e convocará este mércores á xunta da Área Metropolitana

Abel Caballero convocará este mesmo mércores unha xunta de Goberno da Área Metropolitana, logo de coñecer o que cualificou de “intento desesperado de Feijóo y rueda de parar o Área”. O alcalde comentou que este martes chegara ao Concello, “catro días despois de que o coñecese a prensa”,  o informe no que o Goberno de Galicia xustifica a negativa da inscrición da Área Metropolitana no Rexistro de Entidades Locais que, indicou, “logo da vista dos especialistas non se sostén xuridicamente”.

O alcalde referiuse a unha sentenza do Tribunal Supremo do Contencioso-Administrativo que, sobre as funcións do Rexistro de Entidades Locais, sinala que “en ningún suposto é de control senón de mera constancia ou toma de razón, debendo imperativamente practicar a inscrición, salvo que se observe falta ou insuficiencia de datos”.

En bese a esta sentenza, Caballero  criticou este intento de “frear a Área Metropolitana” malia que o ente “están tan en funcionamento que convocarei unha Xunta de Goberno para o próximo martes 10 ou o mércores 11” en función da dispoñibilidade dos seus membros. Así, subliñou, o goberno da Área “seguirá gobernando e defendendo os intereses cidadás”, e abordará entre outras cuestións o transporte metropolitano na vindeira xuntanza.

También te puede interesar