Vigo al minuto

@MareaVigo cualifica de «ano negro para a democracia municipal» o 2016 logo do regulamento do goberno Caballero

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo cualificou 2016 coma un “ano negro para a democracia municipal” polas normas aprobadas polo goberno da Abel Caballero que engaden moitas dificultades ao traballo que fai a oposición municipal.

Rubén Pérez salientou que o novo regulamento municipal é “un insulto para a democracia participativa” e instaura a figura do “alcalde franquista” fronte ao código de boas prácticas que impulsa a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que preside Abel Caballero, e que aposta por “menos alcalde e máis concello fronte ao que se fai en Vigo que quere que o Pleno teña menor valor”.

Pérez amosouse contrario das medidas aprobadas polo Goberno local de adiantar o pago da débeda do Concello que, asegurou, nos pasados anos, supuxo un montante de 43 millóns de euros.

A xuízo da Marea, o equipo de Caballero tampouco fixo nada para superar a anulación do Plan Xeral e para elaborar outro novo, algo que asegurou é algo intencionado xa que «o alcalde non ten vontade de ter outro Plan ata despois das vindeiras Eleccións Municipais”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.