Comarcas

Nigrán aproba as bases para as axudas de emerxencia

O pleno do Concello de Nigrán aprobou por unanimidade a proposta do goberno para establecer as bases que rexerán as axudas de emerxencia e programa de alimentos municipais, polo que estarán a disposición dos interesados dende o día 1 de xaneiro de 2017. Estas teñen como obxectivo regular o outorgamento de axudas ou subvencións ante situacións de necesidade dos individuos ou das familias, así como estimular a súa incorporación social e laboral.

Constitúen unha prestación económica de carácter urxente e extraordinario, destinadas a paliar situacións carenciais e transitorias imprevistas ou excepcionais, así como para evitar o seu agravamento. Sería para o pago de alugueres, hipotecas, fianzas, gastos de comunidade; conservación das vivendas e adquisición de mobiliario e equipamento, gastos de luz, auga ou gas, acometidas de saneamento e abastecemento, acondicionamento sanitario ou reformas en xeral.

O programa de alimentos ten por obxecto a cobertura das necesidades básicas de manutención das persoas empadroadas e residentes en Nigrán que se atopen en situación de exclusión social debido a súa precariedade económica ou carencia de ingresos, de xeito que se garanta a cobertura duns mínimos de subsistencia á unidade de convivencia.

Bonificación nun 95% no IBI de cinco entidades

Por outro lado, o plenno aprobou tamén considerar de interese ou utilidade municipal ás cinco únicas entidades do municipio que aínda pagaban o Imposto de Bens Inmobles (IBI) co obxectivo de poder rebaixarllo no vindeiro exercicio nun 95%, o máximo permitido por lei.

Esta declaración beneficia ao CRC O Torreiro de Priegue, a Asociación Cultural As Angustias, o Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca, a AVAC A Unión de San Pedro da Ramallosa e Asociación de Veciños A Camoesa, todos eles colectivos que ata agora pagaban o 100%.

Esta medida supón para estas entidades un aforro de preto de 1.300 euros ao ano.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.