Vigo al minuto

O Corredor do Morrazo reábrese durante 20 días

A Xunta reabrirá este mércores 21 de decembro a partir das 17.00 horas o tráfico no Corredor do Morrazo e o manterá en servizo ata o vindeiro 8 de xaneiro, con motivo da operación especial que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) activa no período vacacional.

Este corredor leva pechado dende o pasado 2 de novembro no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, polas obras de conversión desta infraestrutura en autovía. Despois do Nadal, o 9 de xaneiro, o Corredor volverá a pecharse ao tráfico ata ata o remate das voaduras máis importantes. 

A Xunta tomou esta resolución despois de analizar os estudos e as inspeccións técnicas realizadas que concluíron que era o máis efectivo para poder facer as tarefas con garantías plenas para a seguridade viaria e dos traballadores. Esta alternativa «minimiza riscos e concentra os traballos de maior entidade no menor tempo posible», reducindo case á metade o prazo de execución dos desmontes previstos, segundo apuntan dende a Xunta.

A pesar do reforzo de información e da sinalización de alternativas, en horas punta a densidade de tráfico na zona é importante, chegando a colapsarse nalgúns intres sobre todo durante os primeiros días.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.