Destacados Vigo al minuto

A @depo_es mellora a sinalización da estrada ao campus da @uvigo

A Deputación de Pontevedra iniciará nos vindeiros días a mellora da sinalización horizontal e vertical da estrada provincial que dá acceso ao campus Universitario no concello de Vigo para solucionar os problemas de seguranza viaria que presentaba. Trátase dunha actuación «urxente e necesaria», xa que pola vía transitan máis de 5.000 vehículos diarios de media e hai deficiencias de visibilidade que impiden unha correcta mobilidade para os peóns e os vehículos que van ao campus.

A mesa de contratación propuxo a adxudicación á empresa ‘API Movilidad’, que presentou unha oferta de 68.530 euros, a mellor das 13 presentadas. Grazas á actuación, a estrada provincial EP-2005 entre Meixoeiro e o campus universitarios, verá substituídos os sinais verticais deteriorados. Instalaranse outros novos de reforzo, tanto de seguranza viaria como de localización, e pintaranse bandas transversais continuas sonoras reflectantes nos laterais da estrada.

Estes elementos, xunto aos catafaros reflectantes pegados ao asfalto permitirán marcar correctamente o trazado da vía e evitar que os condutores se saian da calzada en días de néboa e chuvia intensa, bastante habituais na zona do campus. Por outra banda, tamén está previsto cambiar as barreiras de seguridade laterais acoplándolles proteccións para motoristas (banda dupla) coa finalidade de mellorar a seguranza viaria nas zonas de desniveis e de curvas.

A actuación ten un prazo de execución de dous meses logo de realizar o replantexamento da obra. Dado que a contratación formalizarase en Xunta de Goberno a este mes, a sinalización estará instalada, se as condicións climatolóxicas o permiten, no mes de febreiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.