120 mozas e mozos da provincia empezan a súa particiàción no prograa de formación #DepoEmprende

depoemprende120 mozas e mozos están a participar este mes na fase de formación do programa “DepoEmprende”, que a Deputación de Pontevedra desenvolve en colaboración coas cámaras de comercio da provincia, a Fundación INCYDE e que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

As clases impártense en Pontevedra -dúas edicións-, Tui, Vilagarcía e Vigo -dúas edicións- nas instalacións das cámaras de comercio destes concellos, e a primeira parte, que conclúe o 15 de decembro, consiste en formación grupal, cun total de 43 horas. Esta complétase cunha segunda parte na que cada participante recibe 7 horas de formación individual, e que remata o 30 de decembro.

Nesas sesións aprenderanse nocións básicas de emprendemento, abordarase a planificación e posta en marcha do proxecto emprendedor e analizaranse as obrigas fiscais, laborais e mercantís. Así mesmo, estudaranse a xestión económica e financeira, as posibilidades do marketing e o emprego de diferentes técnicas de venda. Unha vez rematada a formación, o alumnado interesado poderá solicitar tomar parte na fase de ‘mentorización’, para o que se seleccionarán os proxectos empresariais que amosen unha maior viabilidade.

O programa“DepoEmprende” está dotado con 260.000 € e ten como finalidade o impulso do emprendemento e a cultura emprendedora xuvenís na provincia. Esta actuación, enmarcada no programa de itinerarios de emprendemento xuvenil da Fundación INCYDE e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, está destinada a 120 mozas e mozos da provincia de Pontevedra, menores de 30 anos, rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sen ocupación e sen estar integrados nos sistemas de educación ou formación.

DepoEmprende, sinala a Deputación, “pretende fomentar o espírito emprendedor, eliminando as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas en proxectos concretos, así como a entradano mercado laboral de cada participante a través de itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás súas necesidades”.

Os mozos e mozas que participan na iniciativa estarán apoiados en todo o momento polo organismo provincial dende o cal se os axudará a deseñar plans personalizados, nos que se terán en conta variables coma a motivación para traballar, condicionantes persoais, profesionalidade e habilidades sociais. A Deputación  tamén se encargará de asesorar a cada participante nas etapas iniciais dos proxectos, de dirixilos e de supervisalos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.