_agenda Agenda

Fai o Camiño de Santiago pasiño a pasiño

Para facer o Camiño de Santiago ou dispós de varios días seguidos ou participas no programa que acaba de pór en marcha o Concello de Vigo e co que se farán os 100 quilómetros da ruta portuguesa en cinco domingos. Un programa que pretende achegarse ao percorrido histórico do Camiño de Santiago desde o punto de vista ambiental, apreciando no seu trazado a riqueza natural do entorno polo que transcorre o sendeiro.

Se queres participar, ademáis de inscribirte no programa, é aconsellable que polo menos un mes antes adiquen tres ou catro días á semana a camiñar, probando a roupa e calzado que teñan previsto usar, cunha mochila co peso aproximado que se pense levar no Camiño.

Para inscribirte, entre o 3 e o 14 de maio, podes chamar ao 010 para facilitar os teus datos, ingresar os 38,85 euros que costará o transporte indicando no concepto ‘Camiño de Santiago’ e entregar unha copia do resgardo de ingreso bancario na concellería de Medio Ambiente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.