Destacados Vigo al minuto

Os veciños de Teis volven á rúa para pedir unha mellora do servizo de autobús ao Álvaro Cunqueiro

teis-entrega-firmas

Despois de entregar case 4.000 sinaturas no Rexistro Xeral para reivindicar ao Concello de Vigo un autobús directo desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro, os veciños sairán de novo á rúa este martes 22 de novembro ás 19.00 horas desde o mercado para seguir coas súas demandas.

Dende a asociación veciñal amósanse conformes co aparcamento de balde  no hospital anunciado polo goberno municipal, «pero contando cun bo servizo de autobús«. «Nótase que o alcalde ten coche oficial, porque para el non é unha necesidade contar cun bo servizo de bus desde os barrios e parroquias de Vigo cara o hospital», lamentan.

Os veciños de Teis levan meses movilizándose para pedir esta mellora, xa que non hai ningunha liña que pase ou saia de Teis: os veciños teñen que desprazarse ata a avenida de García Barbón, para coller o H1 diante da Casa de Artes e Oficios, ou ata os Chorróns para coller o H2. Ademais, denuncian que a liña H1 non funciona nin sábados, nin domingos nin festivos.

Abertos ás solución que poidan achegar os técnicos municipais, dende a Asociación Veciñal de Teis propúxose que tanto a liña H1 como a H2 sexan ampliadas ata Teis e que a liña H1 funcione fins de semana e festivos cunha frecuencia de 30 minutos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.