Comarcas

Nigrán repara o colector da rúa Canido para poñer fin aos afundimentos na estrada

nigran-colector-calle

O Concello de Nigrán, a través da empresa concesionaria Aqualia, rematou este xoves a reparación do colector de saneamento na rúa Canido, en pleno núcleo urbán, poñendo así fin aos constantes problemas de afundimentos nesta estrada e as filtracións de augas fecais.

Esta actuación, enmarcada no plan de inspección integral do sistema de saneamento en Nigrán, lévase adiante a tenor da reiterada aparición de fochas na rúa. Así, técnicos da compañía inspeccionaron este punto mediante a introducción de cámaras e confirmaron a sospeita do goberno local de que o colector de formigón estaba afundido, polo que prodeceron a sustitución por un novo de PVC nun tramo de 12 metros.

A idade desta instalación e o paso de tráfico pesado provocaron a rotura, o que a súa vez revertía directamente non so no afundimento do firme, se non tamén en filtracións de augas residuais cara outros puntos.

Nesta campaña de inspección emprendida entre Concello e Aqualia xa foron subsanados os problemas detectados nos colectores do entorno das praias de Patos, Madorra, As Canas e incluso do entorno da Foz na Alameda de San Campio, onde se investiron 80.000 euros na impermeabilización dos pozos de bombeo e selado de colectores.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.