Ciencia y Tecnología

Científicos vigueses acadan unha patente para a criopreservación de embrións de ourizo de mar

duvi-criopreservacion-erizos-estefania-paredes

O proceso de criopreservación de células e tecidos de organismos terrestres tense convertido nunha ferramenta de destacada utilidade para a investigación médica, tanto humana como veterinaria. Pola contra, a utilización desta técnica no medio mariño é aínda limitada, e existen moi poucos protocolos que teñan éxito criopreservando células de peixes e moluscos limitando o desenvolvemento da investigación en bioloxía mariña.

Por iso, a comunidade científica está a traballar no desenvolvemento de metodoloxías para a preservación dun maior número de organismos e/ou tipos celulares. A Universidade de Vigo comezou en 2009 a traballar neste campo, concretamente nunha investigación punteira na criopreservación de embrións e larvas de organismos mariños, que arrancou como parte da tese de doutoramento de Estefanía Paredes.

duvi-criopreservacion-erizos-estefania-paredes-02Agora, este traballo converteuse nunha patente nacional que recoñece o único protocolo de criopreservación de estados temperás de desenvolvemento de ourizo de mar con demostrada viabilidade e aplicación en avaliación da contaminación mariña e acuicultura.

O procedemento de criopreservación de embrións de ourizo de mar baséase nun protocolo especificamente deseñado para este uso e que permite almacenar en nitróxeno líquido as blástulas (embrións de ourizo de mar) para que poidan ser empregadas fóra da temporada de reprodución natural desta especie.

A patente está concedida a Ricardo Beiras, Juan Bellas e Estefanía Paredes. Esta última, que actualmente traballa nos Estados Unidos, explica que a patente desenvolveuse durante a súa tese de doutoramento, que recibiu o premio da Real Academia de Doutores de España en 2015, polo que “boa parte dos datos foron obtidos na Ecimat”.

Na actualidade Paredes atópase rematando o seu posdoutoramento no Laboratorio de Criobioloxía Teórica e Aplicada da Universidade de Tennessee en Knoxville. “Vinme aquí”, explica, “para traballar co doutor Peter Mazur, un dos pais fundadores da criobioloxía e afondar nos aspectos máis teóricos da criopreservación de especies consideradas ‘modelo’ en ciencia”. Tras o falecemento de Mazur en 2015, a investigadora galega estivo a cargo do seu laboratorio e da finalización do proxecto do National Institute of Health (NIH) no que estaban traballando.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.