Comarcas

@depo_es repartirá case 100.000 euros para varias iniciativas en Ponte Caldelas e As Neves

ponte caldelas

A Deputación de Pontevedra outorgará case 100.000 euros aos concellos de Ponte Caldelas e As Neves para diferentes proxectos nestes dous concellos.

Por un lado, acaba de aprobar sete novos investimentos no concello de Ponte Caldelas para actuacións incluídas na liña 1 do Plan Concellos 2016, dedicada a investimentos, por case 70.000 euros. Son proxectos para o aforro enerxético no lugar de Cuñas, ao que se destinan 3.647 euros, e no paseo Manuel Cordo Boullosa, con outros 3.527 euros; para o subministro dunha columna para un punto de luz no paseo da Calzada (828 euros); para a reforma enerxética na zona da Calzada, nas súas ponte e xardíns (4.213 euros); para un investimento en mobiliario (3.163 euros); para o subministro dun taboleiro de anuncios (34.103 euros) e dunha secadora para o pavillón municipal (400 euros) e para a mellora de infraestruturas municipais en Vilarchán, Parada, A Insúa e Chaín, cun importe de 20.000 euros.

Ademais, a institución provincial acaba de aprobar tamén unha nova axuda para o concello de As Neves. Será unha achega de case 29.000 euros cos que se financiarán a reparación da estrada de Penlas, afectada a consecuencia das chuvias torrenciais producidas o pasado mes de febreiro. Esta axuda correspóndese á liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.