Cultura Destacados

Cine de ‘Emerxencias’ ao aire libre en Vigo

canino-cartelA Asociación Cultural Casco Vello Alto vén de poñer en marcha unha nova edición do ciclo ‘Emerxencias’, unha proposta con catro sesións de cine ao aire libre que terán lugar mércores e sábados xunto á Oliveira do Paseo de Alfonso.

Este ano o ciclo quere manterse fiel á idea orixinal de xogar cos dous sentidos da palabra emerxencia: a acepción que se refire a alarma ante certos feitos ocorridos nas esferas do social, económico ou político e esa outra que contempla a aparición do novo. Esta edición porá especial acento na cuestión política.

Programa

O ciclo de cine arrancou este mércores coa proxección do documental ‘Tarajal, denunciando la impunidad en la frontera sur’ (2016), de Xapo Ortega e Xavier Artigas. A vindeira cita será este sábado 20 de agosto (22.00 h) cunha selección de curtas da creadora María Ruído, de 2010 e 2011, nas que arte e política mestúranse de forma singular a partir dunha ollada fragmentaria aos múltiples olvidos e ás miserias da transición española.

Xa o mércores 24 (22.00 h) chega a quenda da incomodidade e o malestar que desprende ‘Canino’ (2009), un filme de ficción do grego Yorgos Lanthimos arredor dunha familia que implosiona a causa da sobreprotección paterna.

A última proxección será o sábado 27 (22.00 h) coa emisión das mediometraxes ‘Anything can happen’ e ‘Para que no duela’, en colaboración con Play Doc Tv, unha obra do documentalista polaco Marcel Lozinski caracterizada pola súa maneira planificada e provocadora de intervir na realidade e polo feito de ser un dos pioneros no borrado da liña divisoria entre documental e ficción.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.