O Sergas asegura que Galicia manterá abertas este verán o 87% das camas hospitalarias

hospital meixoeiro

Este verán o Sergas manterá operativas o 87% das camas hospitalarias e calquera das camas pechadas poderá reabrirse en calquera momento por necesidades asistenciais. Así o asegurou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante o Pleno do Parlamento de Galicia no que subliñou que o recurso cama non determina o grao de eficiencia do sistema sanitario.

Durante a súa comparecencia recalcou que a reorganización asistencial lévase a cabo tendo en conta poder garantir en todo momento a seguridade e calidade asistencial dos pacientes e a base da restructuración das unidades de hospitalización para que os pacientes teñan á súa disposición» os recursos que precisen e os profesionais poidan traballar de maneira máis racional e cómoda».

Almuiña remarcou que na época estival os índices de ocupación hospitalaria diminúen, en parte por unha redución de determinadas patoloxías, como as respiratorias, polo que tamén é habitual que se aproveite esta época para facer intervencións de mellora e obras de mantemento.

 

Peche dunhas 1.200 camas

Pola súa banda, hai uns días o Sindicato de Enfermaría, Satse, aseguraba que este verán en España pecharíanse arredor do 10% das camas hospitalarias, unhas 11.000, das que 1.200 estaban na comunidade galega, situándoa no top tres das autonomías que máis camas pecharán durante o período estival. Ademais, advertía que na área sanitaria de Vigo había casos moi chamativos, como o peche de 200 das 348 camas do Hospital do Meixoeiro, o que reducía á metade a actividade deste centro sanitario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.