Vigo al minuto

Alberto Núñez Feijóo (PP): «Espero que non teñamos que arrepentirnos doutros resultados que non desbloqueen a situación que vivimos»

feijoo

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, votaba esta mañá no CEIP García Barbón de Vigo convencido de que o que «vai decidirse hoxe é a España que queremos, a España das liberdades, dos servizos públicos, da recuperación económica».

O popular facía un chamamento aos cidadáns a achegarse ás urnas para poder «desbloquear a situación de impass que están a sufrir as institucións pola falta de constitución de goberno» e confiaba en que esta segunda volta permitirá «empezar a consolidar o goberno a partir do próximo luns».

«Temos que pensar que o que vaiamos a decidir hoxe non o podemos cambiar dentro dunhas semanas ou duns meses se non nos gusta, que o que vamos a decidir hoxe é o goberno de todos ata o 2020. E para ter goberno é necesario que as urnas falen con claridade. Espero que non teñamos que arrepentirnos doutros resultados que non desbloqueen a situación que vivimos», salientou.

O presidente da Xunta acudíu a votar acompañado da cabeza de lista do PP por Pontevedra, Irene Garrido, e da portavoz municipal do Partido Popular en Vigo, Irene Garrido.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.