Cultura

O Festival de Cans quenta motores

Foto: Alberto P. Barahona
Foto: Alberto P. Barahona

Todo listo para a esmorga que chegará da man do Festival de Cans esta fin de semana. Para ir quentando motores, Pedro Rivero e Enrique San Francisco presentaron ‘Psiconautas’, unha «fantasía negra realista de animación para adultos». O filme estréase este xoves en Galicia ante o público do festival (20 h) e que chega a Porriño co Premio Lurra Green Peace do Festival de San Sebastián e o de Mellor Película de Animación no Golden Kuker-Sofia e o Stuttgart Film Festival.

Adianto do que chega este venres 20

Este venres o Festival de Cans terá unha xornada marcada pola posta en valor dos creadores e creadoras galegas e polas propostas musicais. Unha delas, a de Iván Ferreiro, que estará en concerto as 20.00 h na Leira de Alicia-Espazo Mahou, con acceso libre ata completar aforo limitado a 400 persoas. As pulseiras para poder entrar poderán recollerse a partir das 17 h no posto de merchandising do festival.

Pola súa banda, Óscar D’Aniello chega a Cans de estrea total: presentará o seu documental «Ciao Pirla!», que narra a súa emotiva odisea en bicicleta dende Barcelona ata Milán para levar as cinzas do seu pai ao seu lugar de orixe e o seu novo proxecto musical, Delafé, con disco incluído.

Ademais, a xornada estará empapada dende primeira hora de cinema por todas partes posibles, pero tamén de radio, xa que Ángel Carmona emitirá ‘Hoy empieza todo’ de Radio 3 dende Cans a partir das 07 h. Durante o programa haberá un almorzo preparado polo barista Oscar de Toro con produtos amparados pola marca con bollería do chef Iván Méndez.

Ás 1000 h dará comezo a estrea das mellores curtametraxes feitas por escolares en Cans do Futuro, media hora despois a industria darase cita nun encontro aberto da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia CREA con Jorge Coira e Alexia Muíños.

Noite das homenaxes

Coa noite, chegan as estrelas a Cans. A partir das 22 h no Torreiro, Keka Losada e Federico Pérez farán entrega do Premio Pedrigree’16 á productora Emma Lustres, unha figura clave no cinema galego actual a través da súa empresa Vaca Films. Xa cunha longa traxectoria, ten colleitado grandes éxitos para as súas producións proporcionándolle unha gran visibilidade a numerosos profesionais galegos. O festival quere recoñecer a súa sólida carreira e sobre todo a súa labor como impulsora dos profesionais galegos, tanto directores, como técnicos ou actrices e actores e novos realizadores.

Do mesmo xeito, a organización do festival fará entrega dos Chimpíns de Prata ‘Premio Pepe Puime’ a Chelo Fortes e Manolo Cid, donos da «Casa do Cid», que prestan apoio loxístico durante os días do evento para que alí poidan xantar os convidados do festival e ten feito en sucesivas edicións de cociña, sala de prensa, almacén ou lugar de reunión do xurado. Tamén se entregará este premio a Xurxo Souto (A Coruña, 1966) escritor, guionista e coñecido sobre todo como músico e cantante dos Diplomáticos de Monte Alto. Souto realiza un roteiro sonoro pola parroquia, que este ano repetirá con sorpresas durante a mañá do sábado do festival.

Tamén farán entrega do premio á mellor obra da Can Parade, ao mellor videoclip e se proxectarán o making of de Cans 2015, «O ano da ducia» -de Roi Guitián e María Lobo-, e o trailer do «Proxecto bar», unha iniciativa cun obxectivo dobre: rescatar a memoria dos bares que están pechados na aldea e estimular ás veciñas e veciños de Cans para que se lancen á produción audiovisual.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.