Comarcas

David Amor pon a salsa a 30 anos «dunha festa ben feita»

16

«A Redondela non vén calquera, só hai que ver a autopista. Vigo a Morrazo gratis, pero se queres vir a Redondela pagas. Aínda hai clases». Así bromeaba o humorista David Amor durante o pregón da Festa do Choco, que ao longo da xornada de hoxe congrega a miles de persoas para degustar «un produto típico da zona».

Para o actor foi «un orgulllo estar hoxe aquí, nunha edición tan especial, xa que van 30». «Esta é unha festa ben feita. Porque en Galicia somos de moito comer: se hai 315 concellos, hai 310 festas gastronómicas pero non hai tanto produto típico», salientou Amor, quen bromeou que en algúns sitios «calquera día fan a festa do yogur de Yoplay».

01

Arroupado por autoridades e numeroso público, o actor asegurou que as festas gastronómicas «ou están ben asentadas como esta ou poden chegar a facerse moi á lixeira». «O choco é un produto tan auténtico, tan bo e tan ben coidado na comarca… vale para todo: para comer choco con arroz, para aperitivo empanada de choco, para almorzar chococrispies…», comentou provocando as risas do público.

Bromas aparte, este ano a Festa do Choco conseguiu congregar a un numeroso e variado público. Como un grupo de peregrinas procedentes de Singapur que comezaron o Camiño de Santiago dende Fátima e que chegaron madrugadoras á carpa da alameda de Redondela para degustar os mellores produtos. Xa aseguraron que Vigoalminuto as acompañará o resto do camiño.

14

Esta triséxima edición remata hoxe de novo con éxito de público. A organización calcula que máis de 30.000 persoas pasarán ata última  hora de esta tarde, cando pechen as portas, pola carpa onde se celebrou a festa e polo tradicional mercadillo que se coloca ao longo da alameda.

47Un dos atractivos da xornada foi o pregón do humorista e actor nacido en Salceda de Caselas,  pero non foi o único. Obradoiros e xogos para menos e nenas, música, diversión e a mellores carta para comer desafiaron ao mal tempo  e conseguiro sacar sos visitantes de Redondela e arredores da súa casa.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.