Destacados

“O PSOE debería estar máis preocupado de loitar contra o partido podre que de que o adiante a esquerda”

beirasO líder de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, asegurou aos medios durante a súa participación na manifestación do Primeiro de Maio en Vigo que o PSOE debería estar máis pendente de “recuperar o seu proxecto e a política social demócrata” que de aferrarse a “un réxime que está en fase terminal, que os levará a caer con eles”.

Deste xeito referíase ao pacto do líder socialista nacional, Pedro Sánchez, con Ciudadanos, “un pacto co pseudo apodo do PP” que os levou a “dar un espectáculo lamentable estes tres meses nas Cortes  porque falar de cambio impoñendo un acordo do partido de ‘Alberto Primo de Rivera’ foi i que frutroi o intento de botar fóra aos podres e comezar a reconstruír o país como se saisemos dunha guerra, incluso con bombardeos que destruíron o tecido industrial….”. Referíndose á situación en Vigo, o político asegurou que “mal síntoma é se Abel Caballero e compañía están máis preocupados de que non o adiantemos os que estamos a súa esquerda e non de tender a man para loitar contra o partido podre”.

Referíndose á conmemoración do Primeiro de Maio, Beiras asegurou que “os octogenarios continuamos facendo a camiñata das manifas en actos que teñen máis importancia que nunca porque a clase traballadora está sendo convertida en esclavos”. “Hai que contribuír á mobilización e á rebelión cívica das clases traballadoras”, salientou.

También te puede interesar